Na retagarda

sábado, junio 24, 2006

O verán chegou a Darbo

Era inevitable. A calor e mailas vacacións xa comezaron a traer caravanas de campistas incontrolados. Hoxe espertei coa melodía máis doce para os meus oídos: Camela a toda pastilla na radio dos campistas que están frente á miña casa. "Merda, o verán xa chegou a Darbo", pensei namentres me desperezaba. Tentei seguir durmindo, xúroo, mais ELES tiñan toda a discografía do grupo e eu reflexionei sobre a posibilidade de declararlles unha guerra de paseniño, ó máis puro estilo Amélie. E supuxen que non sería tan difícil entrar nunha das súas tendas (total, pasan o día na praia) e golpearlles onde máis lles doa. Imaxineime baleirando as caixas dos CDs de Camela e depaso quitándolle as pilas á radio ou cortando a electricidade. É un final xusto. Eu non quería espertar así. Agora mesmo vou busca-lo pasamontañas. Voilà!