Na retagarda

lunes, mayo 22, 2006

Mitch quere declararche o seu amor

Ayyyy... a miña vida nos últimos días é unha loucura, pero entre libro e libro sempre queda un ratiño para atopar cousas marabillosas pola rede (ou para que chas manden por mail) Si, si, refírome a cousas que crean afición pola imaxe. Como mostra, un botón. Velaquí tendes un vídeo cunha consistencia de contido brutal, uns efectos incribles e, sobre todo, unha magnífica interpretación do polifacético Mitch Buchanan (é tan fácil este apelido comparado co real!). Agardo que o disfrutedes tanto como o fixen eu

(...)

Gracias pola axuda, Cabaleiro Sentai! Velaquí tendes o vídeo



Post-vídeo: Retomando a tradición sentaiesca dos "postposts", gustaríame introducir tres temas que creo que poden dar orixe a un debate moi interesante sobre esta peza artística.
1. ¿Que pintan os dous anxos no vídeo?, ¿acaso son eles o amor?
2. ¿Por que morde ese peixe tan grande ao final?, ¿é a emoción que o embarga?
3. ¿Por que vai de pé en riba dunha moto na que a roda non se move nin un centímetro?
Propoño facer unha competición a ver quen atopa máis cuestións interesantes. Está claro que o vídeo dá moito de si. Dentro duns días votarémo-la mellor idea, que recibirá un premio. Así que a esprimi-locerebro!!

miércoles, mayo 10, 2006

Pequena nota aclaratoria

Para todos aqueles que, igual que o benquerido Cabaleiro Sentai, estades perdidos coas fotos do meu anterior post, velaquí teño a explicación. O caso é que tiña que colgar algunhas fotos do noso proxecto "Espantallos de bata branca" (o título non é o mellor do traballo) e debía facelo no blog colectivo que fixemos para o proxecto. Pero, ¡ai torpe de min! cando entrei en blogger introducín o meu nome de usuario e mailo password do meu propio blog e non me decatei do erro ata que estaba a colgar a terceira ou cuarta foto. En fin, ¿ata que límite pode chegar o despiste humano? Eu creo que o supero e o multiplico por cinco :)
Por certo, non vos esquezo. En canto atope un oco, vos contarei algunha cousiña interesante, desas que apenas acontecen en períodos pre-exames como este no que nos atopamos.











Máis fotiños!

Velaquí as fotos da poda, as fabas, a ortiga e mailo orégano.

Non son ninhunha marabilla pero creo que serven.

Bicos,

Nati

jueves, mayo 04, 2006

Ladywave: rosa por doquier

Luns pola mañá. É festivo. O vento bate morniño nas nosas faces, coma se quixese arrouparnos no seu berce de aire cálido que adormece. Un bocata de queixo e un Nestea de limón. Un panorama así non se presta a moitas conversas, pero Ladywave é desas persoas que non pode estar moito tempo calada sen sentir como se lle secan os beizos. "Falar é unha estratexia de supervivencia. Non podería vivir sen falar". É agradable escoitala. Fala castelán cun inconfundible acento catalán, mais hai algo raro na forma en que articula as verbas. Un seseo que outrora fora inconsciente e tornou nun leve silbido, case sen querer. Fala e fala mexicano. Nós deixamos que prolongue o seu monólogo de sabor sureño namentres nos embelesa o exótico da súa entoación. Non fan falla máis ca dúas palabras para cruza-lo océano e unha frase para non vir de volta xamais. Ladywave é cool. A mellor forma de pasar un luns pola mañá. Festivo.

Para deleite.

martes, mayo 02, 2006

De volta de todo, de volta de nada

Life is good and good for you in New York

É curioso como a cidade atrae á cidade. Ás veces, a meirande parte das veces, penso que o meu é a tranquilidade, a paz, a vila, a praia. E, de súpeto, ¡pum! Barcelona trae unhas cóxegas no pescozo. Teño unhas ganas tolas de moverme, de estar ó pé do cañón, de non perder nin unha pinga do que está a pasar. O mundo vai moi rápido. Demasiado rápido como para non aproveitalo.

lunes, mayo 01, 2006

Brindo por unha viaxe de lembranzas

Un voo inesperadamente tranquilo. Un reencontro soleado. Un paseo polo Gótico un sábado pola tarde. Logo ao Rabal. Un zume de froitas fresquiño. Un pisazo en Lesseps. Unha charla interminable. Unhas ganas tremendas de ser franca. Un novo reencontro. Unha alegría inmensa. Un serbio. Un galego. Unha barcelonesa. Un barcelonés. Un alemán. Unha festa. Licor café do Ourense. Un recordo. Morriña salzburguesa. Unha saída. Música cubana. O Che. Un mareo. Unha risa. Unha lembranza. De novo, a morriña. Un acento familiar. Un idioma familiar. Unha nova charla ata as 6. Un madrugón. Unha despedida. Unha conversa en pixama. África. Unha ducha. Un paseo pola Sagrada Familia. Unha visita ao Passeig de Gràcia. De novo no Gótico. Un té de rosa chino en "La Tetería". Un sabor doce. Máis lembranzas. Unha conversa. De Barcelona a Estambuel en dúas palabras. Un sorriso. Un novo piso. Marc. Lembranzas. Un francés. Moitos franceses. Unha brasileira. Unha nova festa. Pastel de queixo fresco e amorodo. A socialización non inspirada. Un almorzo na Barceloneta. Unha visita ao Monasteri de Montserrat. De novo na cidade. Un bocata. Un ordenador. Pensamentos caóticos. Sensacións a flor de pel en Barcelona.