Na retagarda

viernes, abril 28, 2006

Ós australopithecus tamén lles gusta o calcio

"Se queres crecer tes que beber leite". Ese é o lema tradicional que os publicistas empregaron ó longo do seu reinado coma creadores de ilusións para facer crer a moitos pais que dando leite ós seus fillos estes ían ser máis altos, máis fortes e, xa postos, máis guapos (que por pedir non sexa). O caso é que co descubrimento de que as algas e outros produtos posúen moito máis calcio có leite, ós pobre publicistas non lles quedou máis remedio que buscar unha nova estratexia. ¿E por que non poñer a un australopithecus falando das súas experiencias como consumdor do líquido branco? Ás veces pregúntome se unha idea así nace froito de continuos meetings entre homes de crevata que se quedan ata as tantas traballando e encargan comida china (son consciente de que é un perfil moi holliwoodiense). Ou, pola contra, moitas destas iniciativas nacen, para ser claros, da marihuana... ¿quen sabe? Agora dáseme por imaxinar unha desas reunións con moitos homes de crevata e unha fumareda que o envolve todo. Pensade por un momento na escea:
- ¡eh, rapaces, xa o teño!
- ¿que, de que falas?
- A campaña... xa sei o que podemos facer. ¿Por que non amosamos a un australopithecus no mundo actual falando do bo que está o leite?
- Si, si, paréceme ben, pero pasa o porro, que nunca compartes
¡E, colorín colorado, vaia páxina tan creativa demos montado!

9 Comments:

  • Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    By Blogger AzulDeLuna, at 5:02 a. m.  

  • Os publicistas de hoxe en día onde estudiaron?Andan a regala-lo título e eu sen sabelo?Voume facer publicista...parece ser que o único requisito é ter un cerebro de mosquito...(non se me ofendan os publicistas...ós feitos me "repito"...Dende Fanta a Pascual...algo falla na industria alimenticia e nos seus publicistas...Nova xeración de publicistas intelixentes XA!!!!!!!

    By Blogger AzulDeLuna, at 5:03 a. m.  

  • Parece mentira que non saibas que non fai falta marihuana para iso. Lembra as nosas reunións na busca de ideas. Lembra as ideas cando levamos 5 horas a pensar no mesmo.

    É aí cando sae a xenialidade (como o anuncio de Fanta ou Roberto Castillo facendo un estriptis -a RAE aínda non aceptou esta forma?)

    By Blogger Mrs Jones, at 5:07 a. m.  

  • Mrs Jones tiene toda la razon del mundo. Cuando veía esos anuncios non sabía que pensar. Me imaginaba a seres raros, verdes, con antenas.. que tenían ideas raras, verdes o con antenas.

    Pero no, el cerebro a medida que avanza el esfuerzo se va convirtiendo en otra cosa.

    Una cosa mucho mas divertida pero mucho menos racional.

    By Anonymous Anónimo, at 5:17 a. m.  

  • Nati e a súa imaxinación desbordante...

    pero eu tamén os imaxino cos comida china. E fumando moito (aínda que pensabe en tabaco normal...)

    E seguro que para desestresarse e pensar teñen unha piscina de pelotas, como en Google.

    By Blogger Luneira, at 6:35 a. m.  

  • Yo creo que, para promocionar la leche, los publicistas sólo tendrían que aplicar la lógica y, con ello, hundir a la competencia.

    "Las algas tienen más calcio que la leche", está bien, que hagan un anuncio -tipo publirreportaje- de gente comiendo algas y todo el proceso anterior que llevó tan delicioso bocado a su plato. Prefiero, sinceramente, ver vacas pintas destetadas.

    ¿Qué queréis que os diga? A mí no me hace falta publicidad para cumplir mi ritual diario: leche con colacao, un pis y a la cama.

    By Blogger Cabaleiro Sentai, at 12:09 p. m.  

  • Tenía un comentario larguísimo en el que te contaba cuales eran los anuncios que menos me gustaban y como los publicistas comían la comida china con palillos y sin mancharse, pero no me lo dejó colgar esta página perversa y ahora me da pereza volverlo a redactar

    By Anonymous Anónimo, at 8:25 a. m.  

  • Where did you find it? Interesting read » »

    By Anonymous Anónimo, at 5:25 a. m.  

  • By Anonymous Anónimo, at 12:22 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home