Na retagarda

martes, abril 25, 2006

Mamma mía!




Este Tom Hanks non para... Cando o "Código Da Vinci" aínda non se estreou en medio mundo, a el vai e dálle por poñerse a prepara-la versión cinematográfica do musical Mamma Mía! ¿Será por que se aburre? O certo é que a noticia deixoume consternada, en especial porque vai acompañada deste espectacular (e currado) collage. Din que Hanks é camaleónico, que ningún outro actor podería interpretar Forrest Gump e que só el podería sacrificar vinte quilos para facer de náufrago. Non sei. A verdade é que non o vexo con patillas, camisa de volante con brillos e melenas con flequillo. Menuda papeleta. Ademais, din que xa falou con Nicole Kidman e Antonio Banderas para que sexan os seus compañeiros de reparto. E eu pregúntome, ¿será Banderas o rubio? Iso haberá que velo!

PD. Esta é unha idea moi boa para o collage do proxecto de creación. Vese que dominan o Photoshop!
PD2. ¿Que significa a man sombreada que aparece á dereita da imaxe? ;)



4 Comments:

  • Biennnnn!!!!!!!!!!!
    Conseguin se-la primeira en postear!!!Yujuuuuuuuuuuu...
    Para empezar un inciso...Vaia papeleta eu cambiaríao por vaia paletada...en fin...sen comentarios (a tódolos actores de Hollywood dáselle por facer locuras deste tipo nalgún intre da súa vida...-e eu que pensaba que este home era intelixente...-)
    Outra cousa...A man sombreada que sae está claro o que significa,o que pasa es que tes moi pouca "mirada sucia"...mira qué está tocand a man e despois lava os olliños...jejeje
    Bikiños

    By Blogger AzulDeLuna, at 12:16 p. m.  

  • O que está ben feito nesa fotomontaxe é o de que o noso amigo Tom teña 30 anos menos... non?

    By Blogger Mrs Jones, at 2:17 p. m.  

  • Sí, la mano es un poco cerda, pero el ser que la mueve tiene una ambigüedad sexual muy marcada: su gemela busca con esmero el paquete de Hanks, que no sabemos cómo ha superado el trance anatómico de engordar y adelgazar película tras película.

    Además, siendo tío o tía el dueño de esas manos, da igual. A saber de qué modo habrá influido la grabación de "Philadelphia" en Tom Hanks.

    By Blogger Cabaleiro Sentai, at 4:37 a. m.  

  • Que asquito me da Tom!!

    (sigo esperando q me comentes algun dia ...)

    By Blogger Milk, at 2:08 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home