Na retagarda

lunes, abril 24, 2006

¿Existe a galleta perfecta?

¿Aburrido na casa agardando a que alguén te chame para quedar? Olvídate. Xa tes plan. A Sociedade de Apreciación da Galleta invítate á súa convención tri-anual (aínda non conseguín descifra-lo significado desta palabra) na que se tratarán diferentes cuestións, coma o futuro da calidade das galletas e a entrada no mercado de novas tipoloxías galleteiras border-line. Só precisas unha tenda, dúas latas de John Smiths, un mac amarelo enorme, un traxe de radiación (precisamente merquei un a semana pasada. Hai que ver que oportuna!), dous paquetes de fariña e, por suposto, ¡moitas galletas! Eu, sen dúbida, asistirei, e xa pensei no que quero levar, ademais do traxe de radiación: dous paquetes de Campurrianas que de seguro que triunfan. Vémonos en Frank's Forest!

PD. A Sociedade de Apreciación da Galleta advirte seriamente de que a calidade das galletas está a descender drasticamente. ¡OLLO!

5 Comments:

  • Encántanme esas sociedades de apreciación de algo. Paréceme unha idea romántica e anticuada, desas cousas que pouca xente se molesta en facer.

    By Blogger Mrs Jones, at 12:13 a. m.  

  • Evidentemente eu quero ir!!!!!! A miña especialidade son as petit-écolier falsas. son unha experta e distingo as boas falsificacións das malas.


    (Benvida!!!!!)

    By Anonymous Anónimo, at 12:34 a. m.  

  • As galletas perfectas xa existen. Gramola de chocolate!!!!!

    By Blogger Milk, at 2:26 a. m.  

  • Pois eu levaría sen dúbida algunha as galletas do Príncipe!!Hasme de dicir onde comprache-lo traxe de radiación que eu quero mercar un...Aínda así prefiro ir á Sociedade de Apreciación dos Percebes...alguén se apunta? (seguro que é moito máis instructivo...jajaja)

    By Blogger AzulDeLuna, at 6:27 a. m.  

  • Aunque suene proanglófono, las galletas realmente geniales son las Oreo.

    By Blogger Cabaleiro Sentai, at 4:32 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home