Na retagarda

viernes, abril 28, 2006

Ós australopithecus tamén lles gusta o calcio

"Se queres crecer tes que beber leite". Ese é o lema tradicional que os publicistas empregaron ó longo do seu reinado coma creadores de ilusións para facer crer a moitos pais que dando leite ós seus fillos estes ían ser máis altos, máis fortes e, xa postos, máis guapos (que por pedir non sexa). O caso é que co descubrimento de que as algas e outros produtos posúen moito máis calcio có leite, ós pobre publicistas non lles quedou máis remedio que buscar unha nova estratexia. ¿E por que non poñer a un australopithecus falando das súas experiencias como consumdor do líquido branco? Ás veces pregúntome se unha idea así nace froito de continuos meetings entre homes de crevata que se quedan ata as tantas traballando e encargan comida china (son consciente de que é un perfil moi holliwoodiense). Ou, pola contra, moitas destas iniciativas nacen, para ser claros, da marihuana... ¿quen sabe? Agora dáseme por imaxinar unha desas reunións con moitos homes de crevata e unha fumareda que o envolve todo. Pensade por un momento na escea:
- ¡eh, rapaces, xa o teño!
- ¿que, de que falas?
- A campaña... xa sei o que podemos facer. ¿Por que non amosamos a un australopithecus no mundo actual falando do bo que está o leite?
- Si, si, paréceme ben, pero pasa o porro, que nunca compartes
¡E, colorín colorado, vaia páxina tan creativa demos montado!

martes, abril 25, 2006

Mamma mía!




Este Tom Hanks non para... Cando o "Código Da Vinci" aínda non se estreou en medio mundo, a el vai e dálle por poñerse a prepara-la versión cinematográfica do musical Mamma Mía! ¿Será por que se aburre? O certo é que a noticia deixoume consternada, en especial porque vai acompañada deste espectacular (e currado) collage. Din que Hanks é camaleónico, que ningún outro actor podería interpretar Forrest Gump e que só el podería sacrificar vinte quilos para facer de náufrago. Non sei. A verdade é que non o vexo con patillas, camisa de volante con brillos e melenas con flequillo. Menuda papeleta. Ademais, din que xa falou con Nicole Kidman e Antonio Banderas para que sexan os seus compañeiros de reparto. E eu pregúntome, ¿será Banderas o rubio? Iso haberá que velo!

PD. Esta é unha idea moi boa para o collage do proxecto de creación. Vese que dominan o Photoshop!
PD2. ¿Que significa a man sombreada que aparece á dereita da imaxe? ;)



lunes, abril 24, 2006

¿Existe a galleta perfecta?

¿Aburrido na casa agardando a que alguén te chame para quedar? Olvídate. Xa tes plan. A Sociedade de Apreciación da Galleta invítate á súa convención tri-anual (aínda non conseguín descifra-lo significado desta palabra) na que se tratarán diferentes cuestións, coma o futuro da calidade das galletas e a entrada no mercado de novas tipoloxías galleteiras border-line. Só precisas unha tenda, dúas latas de John Smiths, un mac amarelo enorme, un traxe de radiación (precisamente merquei un a semana pasada. Hai que ver que oportuna!), dous paquetes de fariña e, por suposto, ¡moitas galletas! Eu, sen dúbida, asistirei, e xa pensei no que quero levar, ademais do traxe de radiación: dous paquetes de Campurrianas que de seguro que triunfan. Vémonos en Frank's Forest!

PD. A Sociedade de Apreciación da Galleta advirte seriamente de que a calidade das galletas está a descender drasticamente. ¡OLLO!

sábado, abril 22, 2006

As aventuras de Pocoyo



Pocoyo is a vibrant new preschool animated series about the adventures of Pocoyo, an inquisitive and fun-loving little boy. Pocoyo captures the imagination and stimulates children to watch, listen and interact promoting creativity, self-awareness and self-confidence by learning through laughter

Mrs jones, ¡grazas pola túa benvida! E sobre todo moitas grazas por recomendarme este magnífico sitio sen o que endexamais descubriría a Pocoyo, un curioso personaxe para nenos que ven presentado
nunha web chulísima ¡Ayyy, quen tivera tres anos!

Tamén os hai encantadores

Quería evitalo a toda costa. Prometínme a min mesma que non o faría, pero ás veces a vida bríndache a oportunidade de coñecer xente tan interesante que tes que falar deles no teu blog. E iso que eu pretendía que non fose persoal. Pero Sola estropeouno. Co seu encanto, a súa mirada de neno e o seu sorriso de enrugas. De eses que fan que un home trascenda de "guapo" para pasar á categoría suprema de "atractivo madurito". El traballa como xornalista especializado en asuntos económicos. Soa moi aburrido, pero é desas persoas que consegue que o exceso de liquidez das empresas enerxéticas na actualidade semelle o tema máis apaixoante do mundo. Encandila ata a unha pedra. Ás sete en punto estaba citada con el, na redacción da Voz en Vigo. Cunha puntualidade inusual en min cheguei ás sete e dez. El invitoume a garda-lo coche no garaxe do edificio e eu agradecinllo, consciente de que atopar un sitio onde aparcar a esas horas na cidade do caos é unha tarefa farto complicada, por non dicir imposíbel. Agardou por min na entrada. Saquei apresurada a libreta e mailo boli do bolso. Conforme me aproximaba a el algo me dicía que a miña intuición fallara. Confiaba en atopar un barrigón, canas, gafas (aínda non sei moi ben por que) e mala leche. Pero a vida ás veces xógache a mala pasada de pórche diante un tío súper atractivo, de cara amábel, pose relaxada, seguro de si mesmo e, iso si, un pouco baixiño. Encantador. Si, de certo que é unha mala pasada para unha persoa que, coma min, padace un grave déficit de atención e tende a imaxinarse como será a vida máis aló do traballo dese ser tan extraordinario.
Subimos as escaleiras e entramos na redacción. No camiño cruzámonos con tres homes e todos saudaron a Sola cun sorriso apresurado. El devolveulles o saúdo cunha alegría nada común e con voz de campión olímpico recén coroado espetoulles un resoante "ola, ¿que tal?". Chapeau!. Xa o dicía Daniel Goleman, non hai como ser un xenio nisto da Intelixencia Emocional.
"... Logo, ¿canto tempo levas traballando aquí?"
"Pois na Voz levo once anos. Xa me queima o cú"
Teño que recoñecer que, ó principio, un comentario tan irreverente deixoume desconcertada. Pero axiña puiden aprecia-lo acertado das súas verbas. Once anos traballando no mesmo xornal é razón dabondo para que che queime o cú. Mmmm... probablemente eu diría cousas moito peores de levar once anos na mesma situación.
Sola invitoume a entrar nunha sala de xuntanzas, chea de fotos de personaxes famosos que sorrían. Mentres agardaba por el, a porta ficou entreaberta e puiden botar unha ollada rápida e lonxana ás mesas dos redactores. Papeis por tódalas esquinas. Á era da informatización aínda lle queda moito por percorrer en Galicia. Pero o que máis me chamou a atención foi o teito. É ese tipo de teitos no que os paneis da luz están incrustados entre as planchas cadradas, exactamente igual ós da redacción do Washington Post nos anos 60, segundo unha das fotografías publicadas en Una historia personal, de Kataharine Graham.
E así me atopou Sola cando voltou, entre pensamentos de plafón e lembranzas do cardado da Graham. Aí comezou a conversa, unha marabillosa hora na que falamos de adquisicións, OPAs hostís, o sector da enerxía, Lakshmi Mittal e Cangas. Todo cabe nunha hora de diálogo esclarecedor. E é que aínda que pareza mentira, xornalistas encantadores habelos, hainos.

domingo, abril 16, 2006

Un bo comezo

Xa sei, xa sei. Este blog chega tarde, mal e arrastro. Mais ese non é motivo para que o apartedes dos vosos caixóns de sastre de "favoritos". Todo o contrario, invítovos a que rompades un anaquiño de papel (¿e que demo é iso? -dirá máis de un) e, cun lápiz ben afilado, anotedes esta direción para que, calquera día, mentres remoxedes no bolso en busca do cupón da ONCE que non vos tocou, atopedes o camiño que vos leva ó meu mundo. Non é por poñerme melancólica, pero non vos imaxinades a ilusión que me faría que alomenos unha das vosas cookies ficase comigo, aquí, no meu pequeno espazo de soños, alegrías, medos e ilusións que dende hoxe comparto convosco. Agárdovos.